En contraportada

¿Qué hay de nuevo en la actualidad?
  • rss
  • Inicio
  • Sobre el autor
  • Periodismo
  • Cápsulas
  • Internet
  • Cine / Fotografía
  • Diseño / Multimedia
  • Letras
  • Música
  • Contacto

Lois Pereiro e o recordo das letras galegas

Héctor Juanatey | 16 mayo, 2011

Haberá moitos aos que non lles gustará que o celebremos. De feito, canto menos se fale do tema, mellor. Xa bastante teñen con escoitalo para que aínda por riba teñan que aturar como se lle intenta dar o valor que merece. Algo non vai ben cando a administración galega rexeita o idioma galego. Algo vai moi mal cando en Galicia hai vergoña por falar galego. Algo temos que cambiar cando, se por eles fose, xa había tempo que tiñamos entrado nuns modernos séculos escuros. Nuns tempos nos que o galego non sería máis que a forma de comunicarse dunhas persoas ás que non fai moito a Real Academia Española, nunha das súas acepcións, definía como “tontos”.

O galego ten que protexerse. Non porque sexa a lingua de Galicia nin porque eu sexa dalí. Ten que protexerse porque é un dos centos e centos de idiomas que existen. I en idiomas inclúo calquera forma de comunicación. Ten que protexerse porque só enriquece, nunca empobrece. Ten que protexerse porque, de non ser así e deixalo desaparecer, a derrota non sería só dos galegos, sería un fracaso de todos e de todas. Unha derrota porque perderíamos un recuncho importante de cultura. E non vexan nestas verbas política. Só falo de cultura.

Mañá, 17 de maio, o Día das Letras Galegas recordará ao poeta monfortino Lois Pereiro (“El poeta punk hecho clásico”, que escribe Henrique Mariño). Ao poeta e á súa poesía. “Somentes intentaba conseguir / deixar na terra algo de min que me sobrevivise / sabendo que debería ter sabido / impedirme a min mesmo / descubrir que só fun un interludio / atroz entre dous muros de silencio / só puiden evitar vivindo á sombra / inocularlle para sempre a quen amaba / doses letais do amor que envelenaba / a súa alma cunha dor eterna / sustituíndo o desexo polo exilio / iniciei a viaxe sen retorno / deixándome levar sen resistencia / ó fondo dunha interna / aniquilación chea de nostalxia”. Haberá quen non queira recordalo. Na nosa man está evitalo. Hoxé, mañá e sempre.

0;padding08121
Comments
1 Comentario »
Categorias
Letras
Tags
Día das Letras Galegas, Lois Pereiro
Comentarios RSS Comentarios RSS
Trackback Trackback

El autor


Héctor Juanatey Ferreiro // Periodista
hectorxjf [arroba] gmail.com

En Twitter

Follow @hectorjuanatey

Categorías

  • Cápsulas
  • Cine / Fotografía
  • Diseño / Multimedia
  • En Público
  • Internet
  • Letras
  • Música
  • Periodismo
  • Política

Mi blog en Público

  • Malo Será

Enlaces de interés

  • Dale que te pego
  • Daniel del Pino
  • Guerra Eterna
  • Henrique Mariño
  • Hernán Zin
  • Ignacio Escolar
  • La mesa de luz
  • Manuel Jabois
  • Mi mesa cojea
  • Olga Rodríguez
  • Ramón Lobo
  • Rosa María Artal
  • Trabajar cansa

Suscríbete

Introduce tu correo:

Archivos

Buscar



rss Comentarios RSS valid xhtml 1.1 design by jide powered by Wordpress get firefox